18 xuño 2026
16 xuño 2026
DESTINO, MADRID
Hoxe regresamos de Madrid cunha mestura de emocións, pero sobre todo cun enorme sentimento de orgullo.
A nosa curta, creada polo alumnado do Club de Ciencia de 4 e 5 anos, foi unha das catro finalistas do II Concurso de Cortos Escolares de Platino Educa na categoría de Educación Infantil e Primaria. Aínda que finalmente non acadamos o premio, sentimos que xa gañamos moito polo simple feito de chegar ata aquí.
Detrás desta experiencia hai horas de traballo, aprendizaxe, ilusión e moitas ganas de crear. Os nosos pequenos e pequenas demostraron que a idade non é un límite cando existen a curiosidade, a creatividade e o entusiasmo por descubrir e compartir historias. Cada escena, cada idea e cada sorriso que quedaron recollidos na curta son o reflexo dun esforzo colectivo do que nos sentimos profundamente orgullosos.
https://www.smartplatino.tv/videos/detail/367188-sonar
A asistencia á gala en Madrid foi unha experiencia inesquecible. Ver o traballo do noso alumnado recoñecido nun escenario tan importante foi un premio en si mesmo, unha oportunidade para celebrar o talento, a educación e o valor dos proxectos que nacen das aulas.
Queremos expresar tamén o noso máis sincero agradecemento ás familias. Grazas por acompañarnos en cada paso, por confiar no proxecto, por animar aos vosos fillos e fillas e por facer posible que vivisen esta aventura con tanta ilusión. O voso apoio constante foi fundamental para chegar ata aquí.
Levamos de volta moito máis ca un resultado: levamos aprendizaxes, recordos imborrables, novas motivacións e a satisfacción de saber que, cando se traballa con ilusión e en equipo, os soños poden chegar moi lonxe.
Parabéns aos nosos nenos e nenas do Club de Ciencia. Vós sodes os verdadeiros protagonistas desta historia e o mellor exemplo de que a curiosidade, a creatividade e a ilusión sempre merecen a pena.
Seguiremos soñando, creando e aprendendo xuntos.
12 xuño 2026
UN PEQUENO RESUMO
Se alguén andivo algo despistado e acaba de enterarse aínda agora de que no Club de Ciencia temos un blog e a estas alturas amárgalle poñerse a bucear en cada unha das entradas para ver todo o que traballamos durante este curso, TRANQUILO!!! No sequinte vídeo facémoslle un resumo.
11 xuño 2026
EXPOSICIÓN
O luns, cando inauguramos a nosa exposición, fixémonos unha pregunta: virá moita xente visitala?
Como bos científicos e científicas que somos, plantexamos dúas hipóteses:
- Aqueles aburridos e con poucas gañas de descubrir cousas novas, non virán. Quedarán na casa, sentados no sofá vendo a tele ou xogando á play.
- As mentes inquedas, curiosas e con ansias de saber visitarana seguro. Tocarán, experimentarán, preguntarán e farán nas súas cabezas un oco o suficientemente grande para que caiban todas as cousiñas que van aprender.
-
A verdade é que tiñámolo un pouco calado pero durante este curso non perdemos o tempo. Ademais de facer un montón de experimentos, experimen...
-
Hoxe regresamos de Madrid cunha mestura de emocións, pero sobre todo cun enorme sentimento de orgullo. A nosa curta, creada polo alumnado d...
-
Do noso Club de Ciencia gústanos todo. Bueno, a dicir verdade, todo, todo, non. Non nos gusta o feito de non ter un espazo específico para f...

