A quen non lle gusta xogar ao pilla pilla? A ninguén, verdade!!
Que vos parece se hoxe no noso obradoiro xogamos?
Que imos precisar:
- Pratos fondos.
- Leite enteiro.
- Colorantes alimentarios de distintas cores.
- Fairy.
- Bastonciños dos oídos.
- Un pouco de auga.
- Cámara de fotos.
Como o imos facer:
Vertemos leite no fondo dun prato. Deixamos caer unhas pingas de colorante alimentario, de diferentes cores. Mollamos un bastonciño nun pouco de Fairy, metémolo dentro do prato e a xogar!!!
Explicación científica:
O leite, aínda que parece uniforme, non o é. É unha mestura de auga, proteínas, minerais e ademais, está cheo de microscópicas pingas de graxa que non se poden ver a simple vista.
Cando poñemos colorante, este queda quieto flotando no leite, porque non lle gusta moito mesturarse coa graxa. Pero cando engadimos unha gotiña de xabón, ocorre algo máxico.
O xabón ten unha parte hidrofílica á que lle gusta a auga e outra hidrofóbica á que lle gusta a graxa. Entón, cando o xabón toca o leite, empeza a buscar e tratar de atrapar a graxa que hai nel. É coma se estiveran xogando ao pilla pilla. O xabón tentando pillar as pinguiñas de graxa.
Mentres o xabón se move para pillar á graxa, empurra ao colorante, e por iso parece que as cores se moven e fan camiños por todo o leite.
En realidade, non é o colorante o que se move só, senón que o xabón e a graxa están facendo unha especie de "baile químico" debaixo, e o colorante é o que nos deixa ver ese baile.