Do noso Club de Ciencia gústanos todo. Bueno, a dicir verdade, todo, todo, non. Non nos gusta o feito de non ter un espazo específico para facer todos os nosos experimentos.
O que pasa é que hoxe fomos visitar o laboratorio do IES Ramón Mª Aller e menudo laboratorio!! Pipetas, matraces, tubos de ensaio, vasos de precipitados, microscopios... Por ter, ata teñen un aparello para lavar os ollos en caso de que, por accidente, che entre neles algún produto químico de entre todos os que hai alí.
E está claro! Ao ver o seu laboratorio tamén nos entraron gañas de ter nós un. Cando o señor Conselleiro volva visitarnos imos pedirllo. E que non sexa un laboratorio calquera, que nós tampouco somos uns científicos calquera!! E, como é de Lalín, malo será que non tire un pouquiño por nós.
No IES tratáronnos de marabilla. O profe de Bioloxía, Guitián, foi un moi bo anfitrión. E as súas axudantes, xa non digamos!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.