15 marzo 2026

O PÉNDULO PINTOR

No parque, quen non se montou algunha vez nunha carrandiola? Que divertido é ver como te vas movendo cara adiante e cara atrás mentres o aire che peta na cara! Se aínda non o fixestes, non o pensedes máis!
Hoxe, no noso Club de Ciencia fixemos uns bambáns, aínda que as profes dixéronnos que se chamaban péndulos. Os nosos eran uns péndulos moi artísticos. 
Cortamos unhas botellas pola metade e fixémoslles un buratiño na tapa. Colgámolas dun pau cunha corda. Enchémolas con pintura de cores e remexemos.






Debaixo puxemos un papel ben grande para ver que pasaba.


Cando soltamos as botellas… empezaron a moverse! E mentres se movían…a pintura caía e debuxaba liñas no papel!



Se o péndulo se movía moito…as liñas eran máis longas. Se se ía parando pouco a pouco…as liñas facíanse máis curtas.



Isto ocorre porque existe algo chamado gravidade, unha forza invisible que tira de todo cara abaixo (a mesma que fai que as cousas caian ao chan!).

Que vos parece? Divertido, verdade? 

Bueno, non sabemos se os papás e as mamás pensarán o mesmo porque non se libraron de ter que limpar algún que outro zapato e pantalón. Pero eses son os riscos que ten ser un bo científico.

Ata a próxima!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

EXPOSICIÓN CONCIENCIARTE