20 maio 2026

FINALISTAS

A verdade é que tiñámolo un pouco calado pero durante este curso non perdemos o tempo. Ademais de facer un montón de experimentos, experimentamos coa cámara. Por uns días convertémonos en directores de cine, en actores e actrices, bailaríns... e gravamos unha curta que leva por título SOÑAR. Con ela participamos no II Concurso Nacional de Curtas Escolares organizado por PlatinoEduca e acaban de comunicarnos que somos finalistas. Polo que o día 16 de xuño faremos as maletas e colleremos rumbo a Madrid para participar na Gala na que se dará a coñecer o gañador. Que emoción!!!

11 maio 2026

FOSFORESCENCIA

Todos temos moi claro que, se estamos completamente ás escuras, non podemos ver nada de nada, non si? Isto ocorre porque, para ver, precisamos luz.

Podemos imaxinar a luz coma se fose unha pequena pelota: chega aos obxectos, rebota neles e entra nos nosos ollos, levando ata o cerebro a información necesaria para formar a súa imaxe. Polo tanto, se non hai luz, non hai “pelota”, non hai rebote e non hai imaxe dos obxectos no noso cerebro… agás aquelas imaxes que creamos nós mesmos coa axuda da imaxinación.

Porén, hoxe descubrimos algo moi curioso: existen materiais que se comportan un pouco coma o Monstro das Galletas. Pero, en vez de comer galletas, “comen” luz. Cando están expostos á claridade, absorben parte desa luz e gárdana durante un tempo. Despois, cando apagamos o interruptor, eses materiais van liberando pouco a pouco a luz acumulada, e por iso parece que brillan na escuridade.

Este fenómeno chámase fosforescencia. Grazas a el, algúns obxectos poden seguir emitindo luz durante uns segundos, minutos ou mesmo máis tempo despois de estar iluminados. 







Apagamos as luces e.....


Ciencia ou maxia? 
Nós xa sabemos a resposta: é ciencia!

FINALISTAS

A verdade é que tiñámolo un pouco calado pero durante este curso non perdemos o tempo. Ademais de facer un montón de experimentos, experimen...