28 febreiro 2026

FEIREANDO

Non sei se o sabedes! Como era de esperar, fomos á Feira Educativa e puxemos un posto. Pero non vaiades pensar que foi un posto de verduras, ou de bragas e calzóns. Tampouco foi un posto de churros. Mmmm! Co que nos gustan os churros! 

Como non podía ser doutro xeito, o noso foi un posto de Ciencia máis Arte que se chamou, por suposto, ConCienciArte.



As nosas profes, que están un pouquiño chirivís, disfrazáronse con perrucas e gafas. Según elas, por cuestións de márketing e parece que resultou.

                                     

Polo noso posto pasaron miles, que digo miles!, millóns de nenos e nenas con moita curiosidade e gañas de aprender cousas novas. Esperemos que non marcharan decepcionados.

Moitos fixeron xirar a nosa ruleta da sorte e vaia se a tiveron! Levaron unha chapa do noso Club de Ciencia. 


Ademais de observar todos os traballos que levamos feito ata o de agora no Club, tamén participaron en dous obradoiros: o do xogo do pilla pilla entre o leite e o xabón, e o da pasta de elefante.

Que divertido foi e cantas cousas aprendemos dos nenos e nenas dos outros coles!

09 febreiro 2026

A CENTRIFUGADORA

Ola, científicas e científicos!

Hoxe traemos un experimento que parece maxia...pero en realidade é Ciencia, e da boa.

Seguro que algunha vez vistes a centrifugadora da leituga na cociña. Cando lavamos a leituga, queda chea de pinguiñas de auga e se a poñemos así na ensalada, a ensalada máis que parecer unha ensalada parecería unha sopa verde. Necesitamos secala. Pero... teremos que secar folla por folla cun pano? Non! Para iso está a nosa súper máquina xiratoria, a centrifugadora! Si, ese aparello que fai "rrrrrrr" mentres dá voltas coma tolo. Pero sabiades que dentro está pasando algo incríble?

Preparádevos para descubrir o poder secreto da..... FORZA CENTRÍFUGA.

Que imos precisar:

  • Centrifugadora da leituga.
  • Témpera de diferentes cores.
  • Papel branco groso.
  • Biberóns para botar a pintura.
Pero antes de poñernos mans á obra, experimentaremos co movemento do noso propio corpo. 
Se collemos coas mans unhas cintas e permanecemos quietos... 
????????????????


Porén, se xiramos......
????????????????????



Unha vez que comprendemos como funcionan as cousas, xa estamos máis que listos para a acción.









Explicación científica:

Cando facemos xirar a centrifugadora, todo o que está enriba tamén xira. A pintura está no medio do papel e non quere quedar quieta. Ao xirar moi rápido, aparece unha forza especial chamada forza centrífuga que empurra a pintura do centro cara a fóra. Por iso:
  • a pintura sae disparada.
  • fai manchas e liñas.
  • e queda espallada polo papel formando debuxos.
Canto máis rápido fagamos xirar o noso aparello, a pintura viaxará máis lonxe.

Antes de marchar, temos que confesarvos que primeiro probamos a facelo cunha buxaina pero, menudo desastre! E como non queriamos que as paredes da aula cambiaran a súa decoración, decantámonos pola centrifugadora. Unha opción moito mellor.


02 febreiro 2026

QUE PESADA!

No mundo que nos rodea todo é diferente. Hai cousas grandes e cousas pequenas; cousas suaves e cousas ásperas; cousas amarelas, vermellas, laranxas e incluso cousas multicolor.

Nós, tamén somos diferentes. Podemos ser altos ou baixos; fortes ou febles; simpáticos ou antipáticos; lixeiros ou pesados. Si, pesados como a nosa profe! Que pesada se pon cando nós queremos seguir xogando e ela a voltas con que temos que recoller! 

E falando de peso. Ata o de agora pensabamos que só os obxectos  e as persoas se podían comparar polo peso. 










Pero vai ser que non! Os líquidos tamén.

Mel 
Xabón
Aceite
Alcohol con color

A PRIMAVERA CHEGOU!

Xa chegou a primavera. Florecen os campos; florecen as árbores e no Club de Ciencia, florece a nosa creatividade. Bueno, tamén floreceron al...