09 febreiro 2026

A CENTRIFUGADORA

Ola, científicas e científicos!

Hoxe traemos un experimento que parece maxia...pero en realidade é Ciencia, e da boa.

Seguro que algunha vez vistes a centrifugadora da leituga na cociña. Cando lavamos a leituga, queda chea de pinguiñas de auga e se a poñemos así na ensalada, a ensalada máis que parecer unha ensalada parecería unha sopa verde. Necesitamos secala. Pero... teremos que secar folla por folla cun pano? Non! Para iso está a nosa súper máquina xiratoria, a centrifugadora! Si, ese aparello que fai "rrrrrrr" mentres dá voltas coma tolo. Pero sabiades que dentro está pasando algo incríble?

Preparádevos para descubrir o poder secreto da..... FORZA CENTRÍFUGA.

Que imos precisar:

  • Centrifugadora da leituga.
  • Témpera de diferentes cores.
  • Papel branco groso.
  • Biberóns para botar a pintura.
Pero antes de poñernos mans á obra, experimentaremos co movemento do noso propio corpo. 
Se collemos coas mans unhas cintas e permanecemos quietos... 
????????????????


Porén, se xiramos......
????????????????????



Unha vez que comprendemos como funcionan as cousas, xa estamos máis que listos para a acción.









Explicación científica:

Cando facemos xirar a centrifugadora, todo o que está enriba tamén xira. A pintura está no medio do papel e non quere quedar quieta. Ao xirar moi rápido, aparece unha forza especial chamada forza centrífuga que empurra a pintura do centro cara a fóra. Por iso:
  • a pintura sae disparada.
  • fai manchas e liñas.
  • e queda espallada polo papel formando debuxos.
Canto máis rápido fagamos xirar o noso aparello, a pintura viaxará máis lonxe.

Antes de marchar, temos que confesarvos que primeiro probamos a facelo cunha buxaina pero, menudo desastre! E como non queriamos que as paredes da aula cambiaran a súa decoración, decantámonos pola centrifugadora. Unha opción moito mellor.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

A PRIMAVERA CHEGOU!

Xa chegou a primavera. Florecen os campos; florecen as árbores e no Club de Ciencia, florece a nosa creatividade. Bueno, tamén floreceron al...