Todos temos moi claro que, se estamos completamente ás escuras, non podemos ver nada de nada, non si? Isto ocorre porque, para ver, precisamos luz.
Podemos imaxinar a luz coma se fose unha pequena pelota: chega aos obxectos, rebota neles e entra nos nosos ollos, levando ata o cerebro a información necesaria para formar a súa imaxe. Polo tanto, se non hai luz, non hai “pelota”, non hai rebote e non hai imaxe dos obxectos no noso cerebro… agás aquelas imaxes que creamos nós mesmos coa axuda da imaxinación.
Porén, hoxe descubrimos algo moi curioso: existen materiais que se comportan un pouco coma o Monstro das Galletas. Pero, en vez de comer galletas, “comen” luz. Cando están expostos á claridade, absorben parte desa luz e gárdana durante un tempo. Despois, cando apagamos o interruptor, eses materiais van liberando pouco a pouco a luz acumulada, e por iso parece que brillan na escuridade.
Este fenómeno chámase fosforescencia. Grazas a el, algúns obxectos poden seguir emitindo luz durante uns segundos, minutos ou mesmo máis tempo despois de estar iluminados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.