Ola! Un día máis estamos aquí para falarvos dun novo experimento. Esta vez xogamos cun protagonista moi especial: o imán, un obxecto que ten unha forza invisible chamada magnetismo. Non a podemos ver cos ollos pero podemos ver o que fai.
E que fai?
Pois atraer e mover cousas de metal. É coma se tivese uns brazos invisibles que din:
- Ei, metal! Ven para aquí!
Cantas veces temos xogado con el sen ser conscientes da súa maxia!
Como fixemos o experimento?
- Puxemos pintura nun prato.
- Metemos un clip na pintura.
- Collemos un imán e...
- Movemos o clip por debaixo do prato sen tocalo.
E que pasou?
O clip empezou a moverse e a pintura tamén. parecía que o clip estaba patinando pola pintura como se fose nunha pista de xeo.
Así conseguimos facer debuxos súper orixinais, movendo a pintura sen tocala coas mans e sen manchar nin un so dedo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.