Que terán as burbullas que volven tolo a todo o mundo!!!
Pois hoxe quixemos tolear e por iso fixemos un experimento cheo de burbullas.
Que precisamos?
- Bicarbonato.
- Vinagre.
- Colorantes alimentarios.
- Vasos.
- Papel para acuarela.
- Pinceis.
- Conta-gotas para botar o vinagre.
- Matraces.
Como o fixemos?
Levando a cabo dous experimentos.
Primeiro, mesturamos témpera con bicarbonato e creamos debuxos con esa pintura sobre a que logo seixamos caer gotiñas de vinagre. Como burbulleaban!
No segundo experimento, botamos vinagre con colorante alimentario dentro dun matraz. Logo engadimos bicarbonato e .... Deixamos que as burbullas que foron saíndo foran facendo unha creación artística no papel.
Que bonitas quedaron!
Explicación científica:
Cando un ácido como o vinagre e unha base como o bicarbonato se xuntan, reaccionan. Comezan a facer burbullas e fsss!, parece que a pintura cobra vida.
Por que pasa iso?
O bicarbonato e o vinagre son como dous amigos moi revulideiros aos que lles gusta bailar, por iso cando se xuntan sempre arman unha festa e ao facer iso crean un gas, o dióxido de carbono. Ese gas quere saír rápido, como os foguetes das festas, e por iso vemos moitas burbullas que explotan, moven a pintura e crean debuxos moi divertidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.