Ata agora, cando pensabamos na electricidade, imaxinabamos enchufes, cables, interruptores e bombillas acendéndose. Parecía que a electricidade só servía para dar luz, facer funcionar aparellos e, de paso, subir a factura. Pero hoxe, no Club de Ciencia descubrimos que hai outra electricidade moito máis sinxela, sorprendente e, sobre todo, bastante máis barata: a electricidade estática.
Esta vez non fixeron falla enchufes nin pilas. Chegou con globos, culleres, pelos, unha palla… e moitas ganas de experimentar.
Ao fretar unha culler contra o pelo, vimos como esta podía atraer pementa moída coma se tivese un poder secreto.
Ao fretar globos, descubrimos que tamén podían cargar enerxía e facer que os pelos se nos puxeran de punta.
Incluso unha agulla feita cunha palla acabou reaccionando sen que ninguén a tocase directamente.






Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.