20 abril 2026

Hoxe no Club de Ciencia fixémonos unha pregunta tan sinxela como sorprendente: pódese ver o son?

A primeira vista parece unha desas preguntas trampa. "O son escóitase, non se ve", sería a resposta. Pero a ciencia, non sabemos como se as apaña, pero sempre atopa a maneira de complicar o obvio. A través dun experimento con arroz, sementes de chía e sal fina de cores, comprobamos que as vibracións sonoras poden producir efectos visibles sobre os obxectos, chegando a formar debuxos e patróns realmente chamativos.

Que queriamos demostrar?

O obxectivo do experimento era amosar que o son é unha vibración mecánica. Isto significa que o son non viaxa como unha “cousa invisible", senón como unha onda que fai vibrar o medio polo que se transmite. E nós sentimos esas vibracións, como se foran unha masaxes ou pequenas cóxegas na palma das nosas mans.


E tamén as vimos na corda dun ukelele.




Cando esas vibracións chegan a unha superficie onde hai materiais lixeiros enriba, estes poden moverse, redistribuírse e formar figuras.

Como o fixemos?

Para observar estes efectos empregamos materiais sinxelos: arroz, sementes de chía e sal fina de cores que puxemos sobre un film tensado nun conco para que alí colocados, puideran escoitar o noso concerto. E que pasou? Pois que dependendo do son e da súa intensidade, os materiais movéronse de maneiras moi distintas. Ademais, cada material respondeu dun xeito diferente:

  • As sementes de chía, máis pequenas e lixeiras, ofrecían distribucións diferentes.


  • O arroz, por ser máis grande e pesado, movíase con algo de dificultade.

  • A sal fina de cores permitía ver os debuxos con maior claridade.





A que conclusión chegamos?

Pois que estamos feitos uns verdadeiros e verdadeiras artistas.



Non vos parece?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

FINALISTAS

A verdade é que tiñámolo un pouco calado pero durante este curso non perdemos o tempo. Ademais de facer un montón de experimentos, experimen...