11 xuño 2026

EXPOSICIÓN

O luns, cando inauguramos a nosa exposición, fixémonos unha pregunta: virá moita xente visitala?

Como bos científicos e científicas que somos, plantexamos dúas hipóteses:

  • Aqueles aburridos e con poucas gañas de descubrir cousas novas, non virán. Quedarán na casa, sentados no sofá vendo a tele ou xogando á play.
  • As mentes inquedas, curiosas e con ansias de saber visitarana seguro. Tocarán, experimentarán, preguntarán e farán nas súas cabezas un oco o suficientemente grande para que caiban todas as cousiñas que van aprender.
Durante toda esta semana, o que puidemos comprobar é que aquí, en Lalín, hai moi poucos aburridos. A exposición estivo todos os días repleta.


































Dános que para o vindeiro curso a familia do Club de Ciencia vai medrar. 
MOITAS GRAZAS!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

FIN DE CURSO

F elices vacacións e ata o vindeiro curso.