“Crear obras
de arte a través de experimentos científicos”
Ser científico ou científica non é unha tarefa nada doada pero nós, que nos gustan os retos difíciles, este curso propuxémonos que, ademais de ser científicos, imos ser artistas. Soa ben, verdade?
Hoxe iniciamos unha aventura a través da cal imos mergullarnos nas profundidades do incrible mundo da Ciencia. Investigaremos, experimentaremos, farémonos multitude de preguntas e como resultado final obteremos un sen fin de aprendizaxes e como non!, marabillosas obras de arte.
Obxectivos xerais:
- Espertar a curiosidade científica a través da exploración e do xogo.
- Favorecer a expresión artística a partir de experimentos sinxelos.
- Estimular a creatividade, a imaxinación e a sensibilidade estética.
- Iniciarse no método científico: observar, experimentar, descubrir e compartir.
- Desenvolver habilidades sociais: traballo en equipo, comunicación e respecto polas creacións dos demais.
É dicir, usaremos a Ciencia para facer pequenas
creacións artísticas de xeito manipulativo,
vivenciado e significativo.
Estruturaremos
os talleres en 3 bloques temáticos:
1.- Arte en reacción.
Comprenderemos distintas reaccións químicas mediante xogos e situacións
lúdicas.
2.- Arte en movemento.
Divertirémonos coa maxia e o movemento a través das propiedades físicas dos
obxectos que nos rodean.
3.- Arte nas ondas. Investigaremos o efecto que producen tanto o son como a luz nos distintos elementos e materiais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.